Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG celebra o 40 aniversario da súa fundación no frontón de Riazor

O BNG celebra o 40 aniversario da súa fundación no frontón de Riazor

Ana Pontón fixa como reto ampliar as bases do nacionalismo

G24.gal 25/09/2022 14:38 Última actualización 25/09/2022 20:53

O BNG celebrou este domingo o 40 aniversario da súa asemblea fundacional no lugar onde comezou todo, no frontón de Riazor. 

A formación nacionalista chega a este día no mellor momento da súa historia, como segunda forza política de Galicia, e co liderado de Ana Pontón, que insistiu en que o Bloque debe ser unha ferramenta de esperanza para construír un país mellor.

A actual voceira nacional tiña cinco anos cando se fundou o BNG, que naceu da unión dunha constelación de partidos e organizacións civís que tiñan en común a loita antifranquista e a defensa da identidade e da soberanía de Galicia. Corenta anos despois, o Bloque, dixo Pontón, está en plena forma, disposto a saír a gañar. 

Ana Pontón falou dun proxecto nacionalista sen matices, colectivo, que nestas catro décadas foi quen de transformarse ao ritmo dos cambios que se ían producindo na sociedade galega. Fixou como obxectivo abrir o BNG e ampliar as bases.

A cita en Riazor congregou un milleiro de militantes e simpatizantes. Foi un acto político, dixeron, cargado de presente e de futuro.

Ana Pontón nun momento do acto na Coruña Ana Pontón nun momento do acto na Coruña
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade