O Bergantiños levou un derbi tolo nas Eiroas (3-2)
Os de Lemos marcharon 3-0 ao descanso, o Compos reaccionou na segunda e a piques estivo de lograr o empate
Logo de gañar en Pasarón a semana pasada, o Bergantiños levou o derbi das Eiroas contra o Compostela nun partido que tivo de todo.
Os de Lemos estiveron pillos na primeira parte para castigar a fraxilidade da defensa compostelá. Primeiro foi Escobar o que aproveitou a pouca contudencia de Salado ao corte e fixo o primeiro no 17'. O propio dianteiro nigranés faría o segundo nun envío ás costas de novo mal defendido polos de Rodri Veiga. E xusto antes do descanso o colexiado sinalaba man de Álvaro Casas, Marcos Remeseiro enganaba e facía o 3-0.
Pero no segundo tempo o Compostela tirou de orgullo para reaccionar. Con máis pegada que fútbol, no minuto 58 recurtaba diferencias grazas a este gol en propia porta de Agulló. Logo dunha reclamación de penalti local nesta acción de Boedo, Jordan aproveitaba a vida extra para poñer o 3-2 no marcador con este lanzamento maxistral de falta.
E no minuto 83, aínda máis leña o lume, expulsado Agulló con cartón vermello directo. Casas estivo a piques de permitir que os seus levaran algo positivo da súa visita a Carballo, pero non atinou neste remate de cabeza e o Bergan queda só a tres puntos do Compos.