O Baxi leva o derbi galego contra o Ensino (70-61)
A cuarta vitoria do Baxi Ferrol nesta campaña chegou no derbi galego da máxima categoría do basquet nacional.
No primeiro cuarto, cun resultado parcial e 21 a 9 a prol das ferrolás todo semellaba encarrilado, pero no tempo de lecer as lucenses recuperaron terreo e chegaron a colocarse a 3 puntos.
Koenen lideraba as de Lino López, ata chegar a unha excelsa anotación de 27 puntos e 33 de valoración. Swart e Rodríguez tamén estiveron a bo nivel entre as locais con 12 e 10 puntos respectivamente.
Ao final do terceiro cuarto cuarto volveu abrirse unha fenda de dez puntos e nin sequera o traballo de White, Hani ou Orsili puideron meter as de Miguel Angel Ortega no choque. Ayestarán tamén estivo fina en ataque con 13 puntos.
Nove de diferenza, 70-61, resultado final. As ferrolás e as lucenses empatan a serie de catro gañados e 8 perdidos.