Cargando resultados...
O Barcelona confirma a fichaxe da galega Nuria Rábano
O Barcelona confirma a fichaxe da galega Nuria Rábano
A xogadora do Milladoiro foi a elixida para reforzar o lateral esquerdo do equipo campión de liga

G24.gal
17/06/2022 18:39
A xogadora de Milladoiro Nuria Rábano asinou o contrato que a une ao Fútbol Club Barcelona feminino, o gran dominador da liga española e subcampión da Champions na última temporada.
Rábano, que comezou a dar os seus primeiros pasos futbolísticos no equipo da súa vila, pasou polo Deportivo e estivo nas últimas temporadas na Real Sociedade, onde se converteu nunha das mellores xogadoras manichas de todo o campionato.
O Barcelona pousou os seus ollos nela tal como adiantou a Televisión de Galicia. Á fin fíxose oficial o soño de Nuria Rábano e de calquera xogadora de fútbol profesional. Asinar nun dos mellores equipos do mundo.