Publicador de contidos
Publicador de contidos

O balón parado penaliza o Deportivo Abanca (2-1)

O balón parado penaliza o Deportivo Abanca (2-1)

Dous goles da central Lauren Leal no primeiro tempo marcaron a derrota diante do Atlético

Raquel García recortou diferenzas quince minutos antes do final

G24.gal 15/09/2024 17:31 Última actualización 15/09/2024 17:55

O Deportivo Abanca caeu no campo do Atlético de Madrid (2-1) nun partido marcado polas facilidades que deron no balón parado. Dúas xogadas con centros laterais aproveitounas a central Lauren Leal nos minutos 23 e 37 para poñer unha distancia que sería definitiva. 

No comezo e ata o gol viuse o mellor Deportivo do partido. O tanto inicial fixo que o Atlético acougase e pasase a controlar dun xeito total. No tempo de lecer o resultado era de 2-0, marcador que se mantivo no segundo tempo malia que as locais gozaron de moitas oportunidades, sobre todo nas botas da dianteira Gio. 

A quince minutos para o final Raquel García atinou noutra acción de córner e permitiulle ao Deportivo ter opcións no treito final do partido. Houbo unha xogada polémica por unhas mans na área do Atlético pero a colexiada non asubiou ningunha infracción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos