Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bailador Rafael Amargo afronta 9 anos de cadea por un presunto delito de tráfico de drogas

O bailador Rafael Amargo afronta 9 anos de cadea por un presunto delito de tráfico de drogas

Pide tamén condena para dous presuntos socios pero exhime a parella de Amargo

O xuíz considera que é a cabeza dun grupo criminal 

 

G24.gal 27/12/2021 11:21

A Fiscalía Provincial de Madrid pide 9 anos de cadea para o bailador Rafael Amargo como autor continuado dun delito contra a saúde pública, ao considerar que distribuía drogas de xeito persistente a terceiras persoas a cambio de cartos desde o seu propio domicilio no centro da capital.

O Ministerio Fiscal solicita a mesma condena para o produtor Eduardo de Santos por actuar de xeito conxunto na compra e distribución dos estupefacientes. Igualmente, pide 6 anos para o home de confianza que lles entregaba a droga aos compradores.

Non implican a parella de Amargo, a quen o xuíz si considera posible autora dun delito contra a saúde pública e outro de pertenza a grupo criminal.

O xuíz considera que o bailarín é o cerebro dun grupo que traficaba con droga, principalmente metanfetamina, que vendían desde o domicilio da parella e utilizaban 'mulas' para levarlles a droga aos compradores.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade