Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aviso laranxa no litoral prolóngase 24 horas máis por temporal de vento do suroeste

O aviso laranxa no litoral prolóngase 24 horas máis por temporal de vento do suroeste

O vento en Viveiro superou os 126 km/h

A frota de baixura permanece amarrada na Mariña

G24.gal 13/03/2023 20:35 Última actualización 13/03/2023 20:46

Mar picado en todo o litoral galego: nas Rías Baixas, na Coruña e na Mariña, onde nas últimas horas Ribadeo alcanzou os 18 graos, a máxima da comunidade autónoma.

Pero os refachos de vento, que superaron os 100 quilómetros por hora en toda A Mariña, chegaron aos 126 en Viveiro, manteñen amarrada a frota de baixura, ante ondas de ata seis metros.

As lonxas resentíronse, como asegura Jesús Lourido, xerente da Organización de Produtores do Porto de Celeiro.

O vento superou os 80 quilómetros por hora nas montañas de Lugo e Ourense, interior de Pontevedra e nororeste da Coruña, onde peor está o mar. Tanto aire obrigou a desviar un voo de Alvedro á Lavacolla e fixo difícil pasear ou practicar deporte preto do mar.

As temperaturas baixaron ata catro graos do domingo ao luns nalgúns puntos de Ourense e Lugo.

En xeral, seguimos a ter temperaturas agradables para un mes de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade