Publicador de contidos

Publicador de contidos

O auxe da rehabilitación das fachadas en Galicia

O auxe da rehabilitación das fachadas en Galicia

O aforro enerxético forma parte xa da estética das cidades a través dos seus edificios

Sistemas de illamento como o SATE ou as fachadas ventiladas son as opcións preferidas na maior parte das comunidades de veciños

A demanda, din as empresas, medrou exponencialmente nos últimos anos 

G24.gal 06/03/2026 08:13

Unha fachada ventilada é un sistema de illamento exterior. Utilízase por exemplo la de roca diante do propio ladrillo do edificio, e déixase  unha pequena cámara de aire de 3-4 centímetros. Finalmente leva un revestimento exterior suxeito por un sistema de ancoraxe para os paneis. O que busca é acabar coas humidades e o aforro enerxético, aínda que a estética non convenza a todos.

"Iso é un pouco para gustos. Eu non poñería unha fachada ventilada moderna no centro de Santiago, na zona histórica, pero sí nas zonas novas das cidades, barrios dos anos setenta, oitenta, pois sí que lles da un toque máis moderno e tamén aumenta o valor das vivendas", explica Pablo Vázquez Burgo, de Strow Sistemas.

Agora son as propias comunidades de veciños as que propoñen este tipo de solucións para os seus edificios. Xa sexa o SATE, algo máis económico, ou as fachadas ventiladas. 

"Actualmente co parque envellecido que temos de edificios porque xa moitos superan cincuenta anos, ou mesmo máis o que xa se debate é sempre facer actuacións de eficiencia enerxética. Quédamos unha obra que o longo do tempo si que o amortizas en consumo eléctrico, en consumo de gas e en consumo de calquera tipo de calefacción ou refrixeración", di Carmen Domínguez. administradora colexiada do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia.

As empresas apuntan a un aumento deste tipo de traballos nos últimos anos, sobre todo dende a pandemia coa chegada das subvencións da Unión de Europea e o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos