Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arousa abónase aos finais de infarto e ao minuto 93

O Arousa abónase aos finais de infarto e ao minuto 93

G24.gal 12/02/2022 21:26

O Arousa abónase aos finais de infarto. Paso de xigante na loita pola permanencia contra un rival directo como a Ximnástica Segoviana. Comezou o partido cunha boa noticia, a volta a titularidade de Álex Cobo logo de 5 meses sen xogar.

Os de Xurxo Otero gozaron na primeira parte das mellores opcións para abrir o marcador. Carmona evitou o tanto dos arousáns con dúas grandes intervencións a Beda e Porrúa.

Xa nos segundos 45 minutos, esta é a xogada que cambia o encontro. Expulsión directa de Javi Marcos por esta entrada a Porrúa. Malia todo, os vilagarciáns non atopaban demasiados ocos en ataque. Esta de Luismi foi a máis clara antes do engadido.

E cando todo semellaba condenado o empate, o canteirán Álex Rodríguez, que entrara a falta de 3 minutos para final do tempo regulamentario, anotaba este auténtico golazo. No 93, o mesmo minuto no que anotara Fajardo hai dúas semanas contra o Marino. Queda claro que ultimamente, os partidos do Arousa non son aptos para cardíacos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar