Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro reforza o liderado cun triunfo no derbi ourensán (1-0)

O Arenteiro reforza o liderado cun triunfo no derbi ourensán (1-0)

Escobar decidiu o partido co seu gol no minuto 18

O Ourense C. F. xa non foi quen de empatar e queda na zona de descenso

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 04/12/2022 14:10

O Arenteiro impúxose no derbi co Ourense C. F. e consolida o seu liderado na Segunda Federación, mentres que o equipo das Burgas queda na zona de descenso.

Entrou mellor ao partido o Ourense C. F., que protagonizou os primeiros achegamentos á área rival. Diego pasou por algúns apuros, sobre todo polo xeo que aínda cubría as inmediacións da súa portería.

Co paso dos minutos, o Arenteiro foise estirando, e comezou a crear perigo. Marcheta protagonizou un par de boas intervencións. E mesmo detivo o primeiro remate de Escobar desde dentro da área no minuto 18. Pero o propio Escobar recolleu o rexeitamento e anotou o 1-0 ao segundo intento.

A partir do gol, o Arenteiro defendeu a renda como mellor sabe, controlando a posesión do balón e sen que se producisen accións de perigo nas dúas áreas.

O Ourense C. F. só conseguiu inquietar neste treito do partido nun balón longo de Marqueta que Pol Bueso non atinou a despexar, e que tivo que sacar Diego coas mans moi ao límite da súa área.

Coa vitoria, o Arenteiro suma xa 30 puntos nesta histórica temporada. O Ourense ten 15 e ocupa praza de descenso, pero ten a tiro a salvación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos