Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro podería perder a Miku e Chacón, os seus referentes ofensivos

O Arenteiro podería perder a Miku e Chacón, os seus referentes ofensivos

O Deportivo amosa moito interese polo centrocampista ferrolán, un dos mellores xogadores da categoría na primeira volta

Miku atópase en Venezuela negociando o seu pase a un equipo que vai xogar a Libertadores

G24.gal 16/01/2024 10:35 Última actualización 16/01/2024 13:30

A boa temporada do Arenteiro non pasa desapercibida e os seus xogadores referentes están a ser buscados por outros clubs. Dous dos seus referentes ofensivos, Miku e Luis Chacón, teñen ofertas enriba da mesa e haberá que estar atentos nas vindeiras datas.

No caso de Miku hai un toque sentimental. O xogador marchou de Venezuela con 16 anos e agora tería o desexo de retirarse no seu país. Despois de percorrer medio mundo xurdiu a posibilidade de incorporarse no 2024 a un dos equipos que vai xogar a Copa Libertadores. Atópase negociando o seu pase e, no caso de chegar a un acordo, o Arenteiro non poría problema. Miku foi titular indiscutible e marcou 5 goles na primeira volta. 

 

A calidade do futbolista de Pontedeume non está pasando desapercibida. Espertou a atención do Deportivo tras unha temporada excelente. Leva sete goles xogando de centrocampista. Chacón chegou esta campaña ao Arenteiro procedente do Rácing de Ferrol. Ten 23 anos. Este fin de semana marcou un golazo ante o filial do Barcelona e deixou unha grandísima acción no segundo, tras un control de xenio. O Deportivo tería que pagar 200.000 euros.

No caso de Luis Chacón é o Deportivo o que anda detrás del. O cadro coruñés mete presión despois da negativa de Cris Montes. O centrocampista ferrolán está a ser un dos xogadores máis destacados da categoría e vive na Coruña. O cadro coruñés tíñao libre no verán pero decidiuse por outras fichaxes antes de apostar por Chacón, que acababa de ascender a Segunda co Rácing. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade