Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Arenteiro manteñen con vida repetiren o soño copeiro

No Arenteiro manteñen con vida repetiren o soño copeiro

Si lle gaña ao Zamora a vindeira semana só lle quedaría por superar outra eliminatoria para xogar contra un equipo de Primeira na Copa do Rei

Derrotou na prórroga o Naval cántabro por 3-1

G24.gal 28/09/2022 23:17

O Arenteiro está a unha eliminatoria de xogar a Copa do Rei e repetir o conseguido a temporada pasada, cando o Valencia visitara o campo de Espiñedo. Derrotou o Naval cántabro por 3-1 nunha eliminatoria que non se resolveu ata a prórroga. O 5 de outubro enfrontarase ao Zamora, que eliminou ao Bergantiños, e no caso de gañar só lle quedaría pasar unha eliminatoria para estar na vindeira edición da Copa do Rei e enfrontarase a un equipo de Primeira División.

Tiña que tela pechado moito antes porque dominou o partido de xeito moi claro. Adiantouse cun gol de Marcos Alonso e só lle faltou sentenciar con un segundo. Cando o partido se encamiñaba ao remate, unha acción desafortunada cun autogol de Romay puxo o empate a prol dos visitantes case que no único tiro entre os tres paus de todo o partido. 

Tocaba resolver na prórroga para non ir á lotaría dos penaltis. E volveu aparecer o vigués Markitos para anotar o 2-1 no minuto 108. Xa non houbo tempo para outra sorpresa, porque Manín Gonzaga marcou o terceiro e selou o pase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade