O Arenteiro dos récords xa está no Carballiño
É o líder da Segunda Federación sen perder ningún partido, clasificouse para xogar a Copa do Rei e acaba de gañar a Copa Federación
As celebracións do Arenteiro pola consecución da Copa Federación continuaron no Carballiño. Despois de máis de dez horas de viaxe ás once eran recibidos polos veciños da súa vila. Os xogadores de Fran Justo ofreceronlle o trofeo que os proclamou campións da Copa Federación e orgullosos pola xesta que logrou o equipo.
O Arenteiro é o líder do seu grupo na Segunda Federación na que aínda non perdeu ningún partido. Gañou seis e empatou tres. A iso hai que engadir toda a serie da Copa Federación, primeiro no sector galego no que se impuxo en tres eliminatorias, e logo xogando contra os campións doutras rexións en España con catro triunfos consecutivos.
Agora tócalles seguir gozando no campionato ligueiro e da eliminatoria da Copa do Rei que gañaron diante dun equipo de Primeira División como o Almería.