Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aniversario da invasión rusa de Ucraína remata sen indicios de proximidade da paz

O aniversario da invasión rusa de Ucraína remata sen indicios de proximidade da paz

Moscova incrementou os ataques no leste pero Kíiv mantén posicións

G24.gal 25/02/2023 20:35 Última actualización 25/02/2023 20:53

Os rusos intensificaron os ataques en todas as frontes do leste, con aviación e artillería. Aseguran que nas últimas horas causaron 450 baixas, entre mortos e feridos, nas filas ucraínas. Os mercenarios do grupo Wagner presumen ademais de capturar unha poboación de 300 habitantes a só catro quilómetos de Bahmut.

Zelenski xa dixo esta semana que a defensa de Bahmut é importante pero que non a farán a calquera prezo, polo que non se descarta que se repreguen e preparen logo unha contraofensiva.

Xa son varios os países de Occidente que decidiron ampliar o número de tanques de combate que lle van enviar a Kíiv. Os Estados Unidos tamén anunciaron outro paquete de axuda militar. Biden, porén, rexeitou de momento mandar os cazas que quere Zelenski. O norteamericano asegurou que non é o que necesitan agora.

No terreo diplomático, a maioría dos ministros de Economía do G-20, reunidos na India, condenaron a invasión rusa, pero o grupo non deu feito un comunicado conxunto pola negativa de Rusia e a China a usar o termo guerra.

Mentres, en distintos puntos do mundo, milleiros de cidadáns saíron ás rúas para reclamar a paz en Ucraína, pero cumprido o ano de guerra a posibilidade de diálogo entre as partes mantense lonxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade