Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ancestral Entroido Ribeirao deu o disparo de saída co Domingo Lambedoiro

O ancestral Entroido Ribeirao deu o disparo de saída co Domingo Lambedoiro

Dentro de sete días será o Corredoiro

Os volantes van polas hortas abaixo chamando á xenerosidade da terra

G24.gal 28/01/2024 21:37 Última actualización 28/01/2024 21:48

"Hoxe estamos no Lambedoiro, e para correr, tes que lamber, é dicir, tes que comer. De aí o nome do día de hoxe", explica o presidente do Entroido Ribeirao, Iván González.

Este domingo celebrouse o primeiro dos catro días esenciais do Entroido Ribeirao. Dentro de sete días será o Corredoiro e despois queda o domingo e o martes de Entroido.

Son xornadas que atraen numerosos visitantes que queren ver unha festa que involucra a toda a parroquia chantadina de Santiago de Arriba e participar dela para que se manteña a tradición dos mecos, maragatos e volantes, como Raúl.

"Levamos uns panos portugueses, esta é a primeira tea que saíu a dúas cores, por iso o tema ancestral, e despois levamos tamén unhas vendas nos xemelgos para evitar lesións, e levamos tamén un pucho na cabeza".

Así vestidos e enmascarados, ataviados con todas as cores, os volantes van polas hortas abaixo chamando á xenerosidade da terra. No seu percorrido acompáñanse de maragatos, mecos e músicos.

Unha vez chegan ao medio da xente bailan e moven o pesado e senlleiro pucho. Entre os participantes hai numerosos cativos que se comprometen a seguir coa tradición.

"Gústanos o Entroido".

A festa lambedoira compleméntase co desfile de entroidos propios doutros lugares, coma o oso de Salcedo, os felos e as madamas de Esgos ou os farrumecos de Sobradelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos