O 52,88 % dos electores votaron en Galicia ata as 18:00, un 0,7 % máis ca en 2019
No conxunto de España un 51,48 % dos electores xa votaron ás 18:00 horas nas municipais, un 1,55 máis ca en 2019
Votación en Galicia
A participación nas eleccións municipais ata as 18:00 horas en Galicia sitúase no 52,88 %, co 99,89 % das mesas comunicadas, segundo os datos ofrecidos na páxina web do Ministerio do Interior, o que supón 0,7 % máis que en 2019, cando se situaba no 52,18 %.
Neste segundo avance, a participación nestes comicios locais en Galicia supera á do conxunto de España: un 51,43 % co 98,35 % escrutado fronte ao 49,93 % de 2019.
Nas cidades, a participación ás 18:00 horas alcanza o 45,61 % na Coruña, cun descenso do -1,40 %); o 49,74% en Lugo cun incremento na aflluencia de votantes +4,89 %; o 50,60 % en Ourense que tamén incrementa a participación nun +3,54 %; e o 51,21 % en Pontevedra, +3,66 %.
En Ferrol a participación as seis da tarde era do 46,01 %, cun descenso de 3,31 puntos; en Santiago votaran o 46,50 % dos electores tamén cunha baixada de -2,52 puntos; en Vigo a participación a esa hora era do 47,39 % cunha baixada de -1,15 %.
Ás 14:00 horas, no conxunto de Galicia a participación situábase no 35,59 %, o que supoñía un 1,38 % máis ca en 2019, cando era do 34,20 %.
En toda España un 51,48 % dos electores xa votou a falta de dúas horas para o peche dos colexios. Supón un 1,55 % máis que en 2019 co 99,89 % das mesas comunicadas.
O maior incremento de votantes aparece en Valencia cun 57,79 % dos electores que xa depositaron o seu voto, un 6,62 % máis ca nos anteriores comicios locais. Madrid tamén rexistra un aumento cun 56,97 % dos electores ata as 18:00 horas, cun 5,64 % máis. Murcia tamén rexistra cun 54,45 % un incremento de 5,195 de votantes sbre as cifras de 2019.
Pola contra Melilla cun 36,91 rexistra o maior descenso con -7,76 % e no País Vasco que só celebra municipais tamén baixa a participación cun 48,69%, cun descenso porcentual dun-4,09 %.