Cargando resultados...
Núñez Feijóo preside en funcións o seu derradeiro Consello da Xunta
O Goberno galego, por estar en funcións, non pode tomar decisións de calado e a xuntanza terá un carácter principalmente deliberativo

G24.gal
05/05/2022 12:32
O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión semanal co seu equipo de goberno.
Posteriormente comparece ante a prensa para informar o contido do tratado, que, precisamente por estar en funcións, será principalmente deliberativo.
Mentres tanto, o proceso para a remuda na Xunta avanza no Parlamento. Este xoves reúnese a Xunta de Voceiros para aprobar o calendario e organizar o pleno de investidura que deberá culminar coa elección de Alfonso Rueda o próximo día 12 e a toma de posesión dous días máis tarde.