Publicador de contidos
Publicador de contidos

Núñez Feijóo afronta a investidura "co apoio moral" da manifestación de Madrid

Núñez Feijóo afronta a investidura "co apoio moral" da manifestación de Madrid

O candidato do PP pronunciará o seu discurso no Congreso este martes ao mediodía

O Goberno réstalle importancia ao acto dos populares en contra da amnistía

Feijóo prepara o discurso de investidura (@NunezFeijoo)
G24.gal 25/09/2023 14:52

Este martes a partir do mediodía, Alberto Núñez Feijóo defenderá no Congreso a súa investidura como presidente. Cuca Gamarra asegura que o candidato do PP afronta o seu discurso "como gañador nas urnas e con ese respaldo moral que se sentiu onte nas rúas de Madrid".

Dende o Goberno minimizan o multitudinario acto do PP deste domingo. Din que as cifras que importan son as do Congreso. Para Isabel Rodríguez, voceira do executivo en funcións "a cifra importante non é 30.000, 40.000 ou 60.000, senón ter sido capaz de forxar unha maioría parlamentaria que dera viabilidade a esa investidura".

Para Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, España é "un país plural nas rúas e plural no parlamento".

No PP saben que as contan non dan. Di a secretaria xeral que recibirán "con honor os nons" pero tampouco tiran a toalla. No seu discurso, Núñez Feijóo vai volver apelar "a conciencia dos dirixentes, das formacións políticas, para que recapaciten".

Dende Sumar, o seu voceiro, Ernest Urtasun, considera que "o PP trata de suplir con esta manifestación o que non obtivo nas urnas, onde os españois decidiron mandalos á oposición".

Por iso, din, avanzan nas conversas cos independentistas cataláns. ERC asegura que xa entraron na negociación técnica da amnistía, pero piden ir máis aló. "A proposta de ERC é o referendo, que entendemos que é a resposta máis inclusiva, máis democrática, para poder resolver o conflito político, porque ó final inclúe os do si e os do non", explicou en rolda de prensa a súa voceira Raquel Sans.

Os socialistas, polo momento, evitan pronunciarse. Din que o farán cando Sánchez reciba o encargo do rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade