Nubenegra, Barreiro e García MC, novas e vellas figuras do rap con Marta Gómez
Nubenegra foi a primeira muller que competiu no Ceibarimas
Barreiro presenta o seu primeiro disco 'Porcos e diamantes'
García MC ultima os adiantos do disco autobiográfico 'Sergio Manuel'
García MC está a piques de presentar 'Sergio Manuel', un álbum retrospectivo e dividido en septenios. Tras os seus anteriores sinxelos xa presentados, 'Permanece sempre' alude aos seus primeiros sete anos de vida. A produción é de Petrovski
Nubenegra é unha rapeira da Coruña que presenta 'Raíña da xungla', un tema no que se ispe emocionalmente e cuxo videoclip foi gravado trala súa participación, a primeira dunha muller, no certame de freestyle 'Ceibarimas' do pasado ano.
Barreiro forma parte do colectivo padronés Punto 159. 'Porcos e diamantes' é o seu álbum de presentación con colaboracións de artistas como Big Meu, O Portughés ou Jallejo. Trátase dunha homenaxe a cultura do rap dende o universo da mocidade galega.