A Xunta creará un novo centro de datos para "blindar" os seus servizos dixitais
Feijóo anuncia a construción dun novo edificio no parque empresarial da Sionlla, en Santiago
A Xunta contará cun novo centro de datos no parque empresarial da Sionlla, en Santiago, que apoiará o que xa existe na Cidade da Cultura. Co aumento de servizos dixitais, as infraestruturas tecnolóxicas da Administración autonómica quedan pequenas, así que o Goberno galego acaba de aprobar crear un novo edificio que duplicará a capacidade de procesamento e almacenamento de datos actual e que reforzará a seguridade dos datos de todos os organismos da Xunta.
Prevén que estea rematado no 2024 e custará 19 millóns. "Intentamos blindar con infraestruturas e con tecnoloxía a seguridade e o uso crecente dos servizos dixitais que oferta o sector público da comunidade autónoma. Este novo data center contará con certificados de seguridade e disponibilidade. O obxectivo é que nivel de disponibilidade sexa do 99,9 %. É dicir, non ter interrupcións de máis de 53 minutos ao ano", afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.