Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas tesmuñas din que o mozo de Nerea Añel a maltrataba habitualmente

Dúas tesmuñas din que o mozo de Nerea Añel a maltrataba habitualmente

O noivo, en prisión por delitos menores, é o principal sospeitoso da súa morte

A Fiscalía pediulles aos forenses que amplíen as súas conclusións

G24.gal 09/02/2022 20:30

Dúas persoas que declararon no xulgado que leva o caso da morte da rapaza ourensá Nerea Añel, aseguráronlle á xuíza que o noivo da moza a maltrataba habitualmente e que foron testemuñas de constantes pelexas.

O noivo, que está ingresado en prisión por outros delitos menores, é o principal sospeitoso da morte de Nerea. A fiscalía pedíulles aos forenses que amplíen as súas conclusións para poder facer unha acusación formal e saber que delitos se lle poden imputar.

Nerea Añel, de 26 anos, desapareceu en xaneiro de 2020. O seu corpo apareceu nove meses despois nun regato dunha aldea abandonada no concello ourensán de Barbadás, con signos de violencia. A última vez que a viron con vida foi preto dun motel da zona, acompañada polo seu noivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade