Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novas medidas para loitar contra as consecuencias do tabaquismo na saúde

Novas medidas para loitar contra as consecuencias do tabaquismo na saúde

O persoal experto ve con bos ollos subir o prezo dos cigarros e aumentar os espazos libres de fume

G24.gal 12/12/2021 14:34

Un de cada tres tumores e unha de cada cinco mortes por cancro están causados polo tabaco, segundo apuntan as estatísticas. Cada ano morren en España unhas cincuenta e dúas mil persoas por culpa deste hábito. Para conseguir reducir esta cifra un terzo antes de que remate a década, o Ministerio de Sanidade propuxo esta semana unha serie de medidas.

Segundo puntualiza Elisardo Becoña, catedrático de Psicoloxía Clínica na Universidade de Santiago de Compostela (USC), preténdese aumentar os espazos libres de fume, entre eles o interior dos vehículos particulares.

"En teoría é un espazo privado, pero na práctica o consumo de tabaco incrementa a sinistralidade e hai un problema cando van menores no coche, polo que cómpre protexer a saúde dos menores e tamén a doutras persoas".

A proposta tamén recolle un posible aumento dos impostos ao tabaco e a prohibición de fumar en zonas exteriores como as terrazas da hostalería ou en parques infantís. Tamén considera o empaquetado xenérico e pon un ollo en dispositivos como os cigarros electrónicos, iniciativas que veñen reclamando os especialistas dende hai anos.

"Hai vinte anos que os expertos vimos propoñendo estas medidas. Cómpre implantalas e chegan tarde. Por exemplo, hai dez anos morrían vinte mil varóns por cancro de pulmón e agora só dezasete mil. Digo só, pero son tres mil menos en dez anos de redución de consumo do tabaco".

Os datos máis recentes apuntan a que en Galicia falecen cada ano preto de oito mil persoas por doenzas relacionadas co tabaco. Os técnicos reclaman a aplicación de medidas correctoras pero tamén apostan por iniciativas educativas sobre os prexuízos deste hábito destinadas especialmente aos máis novos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos