Cargando resultados...
'Nos días encantados de agosto', o comezo do cine en Galicia
José Gil é o protagonista, un dos pioneiros do cinema en Galicia.
A biografía escrita polo historiador Manolo González está editada por Galaxia na colección Pantallas
G24.gal
26/01/2023 16:58
Durante máis de 30 anos o historiador Manolo González traballou para afondar na figura de José Gil. Fotógrafo e cineasta nos comezos do cinema en Galicia, Gil realizou 150 filmes e milleiros de fotografías. O libro Nos días encantados de agosto, editado por Galaxia, recolle a súa historia.