Publicador de contidos

Publicador de contidos

Non somos todos iguais ante a inxestión de alcohol

Non somos todos iguais ante a inxestión de alcohol

A súa metabolización depende de moitos factores, un deles o peso corporal

A nova taxa de alcoholemia que entrará en vigor en breve sitúase no 0,2
 

Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 20/03/2025 15:45 Última actualización 20/03/2025 18:25

Que o consumo de alcol lle afecta a todo o mundo é unha certeza.

 "Altera a visión xeral das cousas aínda que bebas pouco. Sempre é un risco", comenta unha muller.

Pero non afecta a todos por igual, hai diferentes factores, un deles o peso, que inflúe no xeito de como o corpo o metaboliza.

 "Eu teño amigos que bebían catro copas e ían tan tranquilos e eu se bebo media xa vou un pouco piripi", apunta un rapaz.

"Cando non como séntame bastante mal, a verdade", conta unha moza.

Comer sempre axuda.

"Inxerilo con comida fai que o baleirado gástrico sexa máis lento e fai que se absorba máis lentamente aínda que todo o alcohol se acaba absorbendo", explica Iván Fernández, médico internista no CHUS.

E por que as mulleres o toleran peor?

 "Creo que beben menos", opina un señor.

Beber menos tamén axuda, pero a resposta está na porcentaxe de auga que temos no corpo.

"Fai que a mesma cantidade de alcol dea maior taxa de alcolemia nas mulleres que teñen menos porcentaxe de auga que nos varóns, por exemplo", continúa o médico.

Os maiores tamén teñen menos cantidade de auga polo que o alcohol se tolera peor, ademais de que os órganos tampouco funcional igual.

 "A capacidade de metabolización do alcohol non é a mesma con 20 anos que con 65".

A falta de actividade tamén provoca unha absorción máis lenta.

"O metabolismo do etanol é máis lento, e iso fai que se te botas a durmir é máis problable que sigas dando positivo á mañá seguinte", conta Iván Fernández.

"É adestramento, ao final canto máis bebes máis vas tolerando o alcohol", comenta unha rapaza.

É importante desterrar ideas coma esta e concienciarnos que a única taxa segura para conducir é:

 "Non beber, que é o que eu vou decidir sempre", conclúe un mozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade