Noé Carrillo asina a súa renovación co Deportivo ata xuño de 2029
Noé Carrillo é un dos canteiráns que esta tempada se estrearon co Deportivo nunha lista na que tamén figuran Pablo García, Fabi, Samu, Damián Canedo e Bil
Foto Deportivo
Noé Carrillo asinou a súa renovación no Dépor ata xuño de 2029, con outra tempada máis opcional. Este centrocampista ofensivo con ficha do Fabril pero en dinámica do primeiro equipo neste treito final de LaLiga Hypermotion, chegou ao Infantil B na tempada 2019-20 procedente do CD Conxo Santiago.
Na temporada 2023-24 proclamouse campión da División de Honra co Juvenil A e esta campaña 2025-26 foi campión de Segunda Federación co Fabril, co que xogou 22 partidos, 20 deles como titular, e anotou dos goles. Noé debutou co primeiro equipo o pasado 16 de decembro en Copa do Rei ante o Mallorca en Riazor.
En liga, o futbolista santiagués estreouse ás órdenes de Antonio Hidalgo o 17 de xaneiro en Almería. Participou esta campaña en 3 partidos e marcou o tanto decisivo o pasado venres 1 de maio en Riazor ante o Leganés.
Noé Carrillo é un dos canteiráns que esta tempada se estrearon co Deportivo nunha lista na que tamén figuran Pablo García, Fabi, Samu, Damián Canedo e Bil.