Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nicolás Maduro desde os Estados Unidos: "Estamos ben, somos uns loitadores"

Nicolás Maduro desde os Estados Unidos: "Estamos ben, somos uns loitadores"

O fillo do líder chavista transmitiu unha mensaxe de fortaleza dos seus proxenitores 

Trump advírtelle a Cuba de que non recibirá máis petróleo nin cartos de Venezuela

Axentes da DEA trasladan a Maduro en helicóptero. REUTERS/Adam Gray Axentes da DEA trasladan a Maduro en helicóptero. REUTERS/Adam Gray
G24.gal 11/01/2026 17:05 Última actualización 11/01/2026 18:20

O mandatario venezolano, Nicolás Maduro, asegurou desde os Estados Unidos, onde se atopa detido xunto a súa esposa, a deputada Cilia Flores, que están "ben" e son "uns loitadores".

Segundo unha nota publicada pola canle estatal Venezolana de Televisión (VTV), o fillo do líder chavista reuniuse con integrantes do goberante Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e "transmitiu unha mensaxe de fortaleza" dos seus proxenitores.

"Os avogados dixéronnos que está forte. Dixo que non esteamos tristes", asegurou o parlamentario Nicolás Maduro Guerra.

O deputado denunciou que contra o seu pai "se empregou unha forza desproporcionada, ao non poder vencelo por outras vías", pero insistiu en que se mantén "moralmente íntegro e forte".

"O seu liderado non foi dobregado malia as circunstancias que enfronta en territorio estadounidense", engadiu.

O pasado luns, Maduro declarou ser "un home inocente" dos cargos de narcotráfico cos que a Administración de Donald Trump xustifica a súa captura e traslado aos Estados Unidos

Na súa primeira comparecencia ante o tribunal do Distrituo Sur de Nova York, Maduro considerouse un "prisioneiro de guerra", ademais de insistir en que é o presidente de Venezuela.

Enfróntase a varios delitos, entre eles, conspiración para cometer narcoterrorismo e para importar cocaína. A súa dona tamén está acusada de participar presuntamente na conspiración para o tráfico desta droga. Ambos os dous declaráronse "non culpables".

O mesmo día, o fillo de Maduro denunciou a persecución que sofre a súa familia e amosouse confiado en que, "máis pronto que tarde", estarán de regreso no país suramericano.

Ademais, expresou o seu "apoio incondicional" a vicepresidenta executiva, Delcy Rodríguez, mandataria encargada de Venezuela tras unha orde do Tribunal Supremo. 

Un petroleiro procedente de México na baía da Habana. REUTERS/Norlys Perez Un petroleiro procedente de México na baía da Habana. REUTERS/Norlys Perez

Avertencia a Cuba

Pola súa banda, Donald Trump advertiulle a Cuba que xa non recibirá máis diñeiro ou petróleo de Venezuela, tras "vivir durante anos", dixo, grazas os seus cartos e o seu cru, a cambio de "servizos de seguridade" para os "dous últimos ditadores".

"PERO XA NON MÁIS!", espetou na súa rede Truth Social, e recalcou que "a maioría deses cubanos están MORTOS polo último ataque dos EUA" e Venezuela agora conta co exército "máis poderoso" do mundo para protexerse.

"NON HABERÁ MÁS PETRÓLEO NIN DIÑEIRO (de Venezuela) PARA CUBA!": CERO! Suxírolles que cheguen a un acordo antes de que sexa demasiado tarde", engadiu o republicano.

A operación militar Resolución Absoluta do pasado día 3 causou polo menos a mortes de 56 militares, 32 deles cubanos, segundo o Goberno da Habana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade