Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mobilizacións chavistas en Venezuela e alerta de risco a cidadáns estadounidenses

Mobilizacións chavistas en Venezuela e alerta de risco a cidadáns estadounidenses

Os afíns ao réxime piden a liberacións de Maduro e os familiares de presos políticos reclaman a súa excarceración

A Administración Trump pídelle á cidadanía abandonar o país por posibles ataques e o goberno venezolano nega o risco

G24.gal 11/01/2026 14:27 Última actualización 11/01/2026 15:02

Venezuela vive días intensos e tamén contraditorios, entre os cambios e a continuidade do réxime. Milleiros de partidarios do chavismo protagonizaron marchas en distintas partes do país (xa de madrugada en Galicia) para pedir a liberdade de Nicolás Maduro e da súa dona.

Case en paralelo, o fillo do presidente deposto aseguraba que os seus pais están ben.

"Que non esteamos tristes. Eles din: que non estean tristes que nós estamos ben; somos uns loitadores. Nicolás dixo: son un loitador".

A outra cara da moeda: a dos familiares dos presos políticos que seguen á espera de máis excarceracións. Falamos cunha muller, que está preocupada polo seu irmán preso.

"Sofre asma e puxéronlle un papel branco na cara. El empezaba a berrar como que se asfixiaba e eles non lle facían caso".

A oposición está pendente da entrevista de María Corina Machado con Donald Trump entre o martes e mércores vindeiros. Fontes próximas á opoitora recoñecen que hai que saber aministrar a paciencia ao trastocarse en poucas horas o que se intuía como cambio de réxime chavista en continuidade do mesmo.

Na embaixada estadounidense en Caracas está case todo preparado para o restablecemento oficial das relacións diplomaticas entre ambos os dous países.

Paradoxalmente, a Adminsitración Trump instaba nas ultimas horas aos seus cidadáns a saír de Venzuela polo grao de alerta máximo de terrorismo e risco de ataques de grupos armados, que supostamente estarían buscando persoas estadounidenses.

O executivo de Delcy Rodríguez di que iso é "fabricar unha percepción de risco que non existe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade