Publicador de contidos

Neymar forma unha sociedade letal con Mbappe para un novo triunfo do PSG

Neymar forma unha sociedade letal con Mbappe para un novo triunfo do PSG

G24.gal 07/11/2021 10:50

No partido sobranceiro da Liga Francesa que vimos na G2 apareceu Neymar para selar o triunfo do París Saint Germain. O brasileiro, discreto no inicio do campionato, anotou dous goles no primeiro tempo para encamiñar a undécima vitoria do líder da Ligue 1.

Mbappe anotou no segundo tempo o 0-3, o seu sexto gol da temporada. Parecía unha noite plácida para un PSG que se relaxou en exceso e a piques estivo de pagalo. Os goles do hondureño Ellis e de Niang meteron ao Burdeos no partido, pero o equipo do que é propietario o lucense Gerard López non puido culminar a remonta (2-3). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar