Publicador de contidos

Publicador de contidos

Na tenda de Comercio Xusto de Ourense pódese intercambiar roupa para darlle unha nova vida

Na tenda de Comercio Xusto de Ourense pódese intercambiar roupa para darlle unha nova vida

A sección de roupa para cativos é a que mellor funciona

G24.gal 10/04/2023 21:06 Última actualización 10/04/2023 21:30

En Ourense ofrecen unha alternativa solidaria para aqueles que están pensando en renovar o fondo de armario.

Trátase dun intercambiador de roupa de comercio xusto.

Activan esta campaña a comezos de cada estación para darlle unha nova vida á roupa usada.

Non hai cartos de por medio, aquí pódese entregar ou levar as prendas que se queira sen que medie transacción económica ningunha.

Hai roupa para grandes e pequenos, e de feito din que a dos cativos é unha das seccións que mellor funciona.

Queren deste xeito ser unha alternativa á industria téxtil, fomentar a colaboración e prolongar a vida da nosa roupa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade