Na remonta contra o Betis participaron 10 xogadores con pasado no filial do Celta
Sete deses dez xogadores estiveron no once inicial
Seis xogadores da casa participaron nos tres goles celestes
Desapareceron as dúbidas do celtismo tras a remonta co Betis. Noutra exhibición do factor canteira, esa canteira que mantén o Celta a seis puntos do descenso. A lectura de partido de Claudio tras o descanso cambiou o escenario.
Mudou o escenario do encontro Claudio cos trocos no segundo tempo. Revulsivo clave para a vitoria. Soubo ler o técnico porriñés o partido pero prefire que o titular sexa para os xogadores.
"O mérito é dos xogadores. Hai un alma, un sentimento e un arraigamento difícil de atopar".
Novos, 11 menores de 26 anos, talentosos e cun gran sentimento de pertenza. Na remonta contra o Betis participaron 10 xogadores con pasado no filial, sete deles formando no once inicial. A gran maioría xogaban hai pouco en primeira federación. Con escasa experiencia na máxima categoría pero cunha calidade e ambición fóra de toda dúbida.
"O partido de hoxe foi espectacular para reconectarnos".
Seis xogadores da casa participaron nos tres goles celestes. Os rapaces culminaron a xesta que unen equipo e afección. Falta mellorar a materia pendente lonxe de Balaídos. Asistencia de Hugo Álvarez no primeiro, absoluto recendo da canteira no segundo con Fer, Hugo, Pablo e Javi. E pase e asistencia de Fer e Sergio no terceiro, culminado por outro rapaz, Williot, de 21 anos acabados de facer.