Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña ultima os preparativos para a festa do ascenso do Deportivo

A Coruña ultima os preparativos para a festa do ascenso do Deportivo

Tras o partido en Riazor, a celebración trasladarase á fonte de Catro Camiños

G24.gal 24/05/2024 14:55

"Mañá vai ser unha festa moi grande. Vai arder Catro Camiños". Na Coruña todos agardan pola tan ansiada festa do ascenso do Deportivo á Segunda División. E nos bares da contorna do estadio de Riazor xa duplicaron as súas mercadorías.

"Porque a última vez esgotamos todo e tivemos que saír dúas veces mercar". "É festa e será un día de moito traballo".

Tampouco hai descanso nas Deportendas. "Estamos moi satisfeitos e encantados coa afección, uníndose a todo este furor que estes días co ascenso do Dépor e mercando os imprescindibles que levarán todos ao partido do sábado", di Belén Muñoz Díaz-Castroverde, responsable de Retail do Real Club Deportivo da Coruña.

Así, a cidade herculina, pouco a pouco, volve tinguirse de branquiazul. E tamén, como non podía ser doutro xeito, o mercado da praza de Lugo.

"Aquí sempre. Estamos ao cen por cento". "Mañá imos vir pintadas e vestidas para a ocasión", comentan as vendedoras do mercado.

Así que mañá sábado a cita será en Catro Camiños, onde xa ultiman os preparativos. Amais, a partir das sete da tarde está previsto o peche das rúas adxacentes á fonte. E para que todo transcorra sen incidencias xa está deseñado un operativo especial para garantir a seguridade dos participantes. Só a Policía Nacional vai despregar 120 axentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade