Medran os contaxios na área de Ourense pero a menor ritmo
Medran os contaxios na área de Ourense pero a menor ritmo
Nas últimas 24 horas detectáronse 203 novos positivos
Na área sanitaria de Ourense seguen aumentando os contaxios, pero fano a menor ritmo que nos últimos 14 días. Arestora hai 2.657 casos activos, deles 203 son novos positivos detectados nas últimas 24 horas.
Nin en domingo para a afluencia de persoas ao hospital de Ourense para facer unha PCR. Coma Candela, de seis anos, que recibiu un premio pola súa paciencia e valentía. Tamén se achegan ata os puntos covid auto outros que estiveron en xuntanzas con persoas que logo deron positivo.
No último mes os casos na área sanitaria de Ourense multiplicáronse por dez. Seguen medrando os positivos pero desacelera o ritmo. Hoxe hai 55 casos activos máis ca onte. Con cautela e expectantes ata a semana que vén que podería comezar a notarse un incremento maior derivado dos días festivos.
É o desexo de todo o mundo. Polo momento, medraron ata 57 as persoas hospitalizadas en planta, e sete seguen en coidados intensivos.