Publicador de contidos
Publicador de contidos

Muras e Ribeira de Piquín son os únicos concellos galegos libres de covid

Muras e Ribeira de Piquín son os únicos concellos galegos libres de covid

Ambos os dous municipios rurais pertencen á provincia de Lugo

G24.gal 08/01/2022 21:13

Segundo os datos oficiais, só quedan dous concellos en Galicia libres de covid. Son Muras e Ribeira de Piquín, ambos os dous na provincia de Lugo e pertencentes ao ámbito rural.

A pouca poboación que vive nestes territorios e a súa dispersión son factores determinantes para que non haxa contaxios. 

Este sábado en Muras hai pouca xente na rúa e a que hai leva présa por non mollarse. No bar topamos algún veciño tomando café. Outro comenta que non hai casos porque apenas teñen posibilidades de relacionarse con persoas de fóra.

A sucursal bancaria pechou e o transporte público só para dúas veces ao día de luns a venres. O concello conta cuns 600 habitantes repartidos en 163 quilómetros cadrados, polo que as aglomeracións pode dicirse que son escasas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar