Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multa ao Celta por "alteración da orde de carácter leve" no partido ante o Osasuna

Multa ao Celta por "alteración da orde de carácter leve" no partido ante o Osasuna

O colexiado do encontro recolleu na acta que se produciron lanzamentos de obxectos ao porteiro visitante, Sergio Herrera

Herrera asegurou que non houbera lanzamentos desde a bancada

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 26/02/2025 13:37 Última actualización 26/02/2025 13:42

O Comité de Disciplina da Federación Española de Fútbol impuxo unha multa ao Celta por "alteración da orde do encontro de carácter leve" o pasado venres, no duelo disputado en Balaídos fronte ao Osasuna e que acabou con triunfo local por 1-0 grazas a un gol de penalti de Iago Aspas.

Esta sanción chega despois de que o colexiado do encontro, José María Sánchez Martínez, recollese na acta que se produciu lanzamento de obxectos ao porteiro visitante, Sergio Herrera, sen chegar a impactar no gardameta do Osasuna.

Con posterioridade ao encontro, con todo, o destinatario deses supostos lanzamentos deu unha versión distinta a través da súa conta de Instagram, querendo aclarar o que cualificou como malentendido. Asegurou que non houbera lanzamento desde a bancada.

"En ningún momento reclamei ao colexiado lanzamento ningún por parte da afección do Celta, á que me dirixín para aclarar a situación. Nada que reprochar á afección do Celta, que se dedicou a animar o seu equipo", subliña Herrera.

A sanción económica foille imposta ao Celta en virtude do artigo 117 do Código Disciplinario da RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade