Cargando resultados...
Mouriz: "Contento por competir cos valores do ano pasado: humildade, sacrificio, traballo"
Recoñeceu que foi case imposible fichar un defensa central
G24.gal
04/09/2023 18:07
Última actualización 04/09/2023 18:14
O director deportivo do Racing Carlos Mouriz compareceu ante os medios para valorar o inicio de temporada. Os racinguistas lograron 8 de 12 puntos posibles e están invictos:
"Estou moi contento, non podo poñer ningunha pega, e coa entidade dos rivais cos que xogamos...".
"Contento por competir cos valores do ano pasado: humildade, sacrificio, traballo".
Está contento coas incorporacións pero recoñeceu que a situación do mercado é complicada:
"Estou valorando os xogadores que están sen equipo".
"A primeira opción era un defensa central, difícil".
"Temos algún carto gardado por se aparece algo que nos pode dar máis do que temos".
O próximo partido será na Malata, ante o filial do Vilarreal