Mouriño: "Agás o dianteiro todas as fichaxes eran as nosas primeiras opcións"
Chegarán Mingueza, Marchesín, Carles Pérez e un dianteiro que agarda pechar nos vindeiros días
Se Denis ou Mina non saen estarían esgotados os 68 millóns de masa salarial
Confirmou que houbo máis de 3.000 peticións de altas de socios
Deixou moitos titulares Carlos Mouriño na súa comparecencia para analizar a situación do Celta. Confirmou un mínimo de 8 fichaxes que poderían ser máis si saen Mina ou Denis, que levan 14 dos 68 millóns que ten o club de masa salarial.
Mouriño dixo que está moi satisfeito coa campaña de abonados. Confirmou 13.026 renovacións e que había 3.250 peticións de altas que non poderán satisfacer porque hai que deixar unhas 2.000 entradas para a venda ao público.
Como nomes propios falou de Okay (Ángel Torres non cumpriu a palabra), Joselu (buscan xogadores con proxección) ou Braithwaite (opción por se falla o que están buscando no dianteiro centro).
Tamén comentou a posibilidade de crear un equipo feminino aínda que non será de inmediato. "Queremos facer un proxecto a longo prazo desde a base, non darlle o noso nome e 50.000 euros a calquera club".