Xuntanza de motoristas en Lugo para recadar fondos contra o cancro nos homes
Acoden vestidos como auténticos cabaleiros, para chamar a atención sobre a importancia de contribuír á investigación nas doenzas típicas masculinas
Desta volta o paseo non se puido levar a cabo por culpa da chuvia
A chuvia non impediu a xuntanza de motos clásicas de Lugo, pero si minguou a participación. Os motoristas locen as mellores galas por unha boa causa. É "para dar visibilidade" ao cancro de próstata, informa Eusebio Pajuelo, organizador do evento.
Organízase desde hai catro anos e xa é unha cita habitual. Serve, din algún dos asistentes, para "ver motos e falar con outros motoristas" e "apoiar a causa".
Entre outros, ata Lugo desprazouse o piloto do Dakar Fran Gómez, que apela á importancia de "ser solidarios".
Pola chuvia non houbo o paseo do cabaleiro distinguido, que se celebra en todo o mundo, pero que en Galicia só ten lugar en Lugo. Houbo festa, iso si, a cuberto.