Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Harry Belafonte aos 96 anos

Morre Harry Belafonte aos 96 anos

Considerado o rei do calipso, levou ao máis alto os ritmos caribeños

O seu último traballo como actor foi con Spike Lee

Destacou no seu activismo polos dereitos das persoas negras

G24.gal 26/04/2023 08:40

Morreu Harry Belafonte, o rei do calipso. O cantante, actor e activista polos dereitos das persoas negras rompeu barreiras na década dos 50. Amigo de Martin Luther King, implicado na loita contra o apartheid, utilizou o seu enorme éxito para a causa que defendía.

De orixe xamaicana, pero nado en Nova York, levou ao máis alto os ritmos caribeños. O seu carisma tamén o axudou a triunfar no cine. O seu último papel importante foi ás ordes de Spike Lee. Harry Belafonte faleceu na súa casa de Manhattan aos 96 anos. Entre os seus temas míticos está Banana Boat Song, recuperado para a película 'Bitelchus'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade