Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Víctor Coyote, músico e debuxante que deixou unha fonda pegada no 'Xabarín Club' da Galega

Morre Víctor Coyote, músico e debuxante que deixou unha fonda pegada no 'Xabarín Club' da Galega

Desenvolveu unha grande actividade como deseñador gráfico, pintor, ilustrador, escritor e realizador de videoclips e documentais

A finais dos anos 70, o artista galego fundou en Madrid Los Coyotes, banda vangardista na escena do rock dos anos 80

Dirixiu 'Carmiña Vacaloura', o primeiro videoclip de animación realizado integramente en Galicia

Víctor Aparicio, máis coñecido no sector cultural como Víctor Coyote Víctor Aparicio, máis coñecido no sector cultural como Víctor Coyote
G24.gal 13/08/2026 18:37 Última actualización 14/08/2026 10:00

O músico e fundador da banda Los Coyotes, Víctor Aparicio (Tui, 1958), coñecido como Víctor Coyote morreu este xoves aos 68 anos, segundo confirmou o selo discográfico nun comunicado.

"Unha persoa e un artista único e irrepetible, deses seres que nunca miraban cara atrás e sempre miraban cara adiante. Todo o bo está por vir", engadiu El Volcán na súa conta de Instagram.

Víctor Coyote deixou unha fonda pegada no mítico programa infantil 'Xabarín Club' da Televisión de Galicia.

Entre outras cousas, dirixiu a peza de 'Carmiña Vacaloura' ('A verdadeira historia de Pepiño Grilo e Carmiña Vacaloura'), composta polo Maestro Reverendo e Julián Hernández, primeiro videoclip de animación feito en Galicia.

E no mesmo programa tamén participou na dirección de pezas musicais como 'Pode ser' e 'Cen por cen animal'.

"Unha persoa e un artista único e irrepetible, deses seres que nunca miraban cara atrás e sempre miraban cara adiante. Todo o bo está por vir".

Ademais da súa traxectoria músical, desenvolveu unha intensa actividade como deseñador gráfico, pintor, ilustrador, autor de cómic, escritor e realizador de videoclips e documentais.

A finais dos anos 70, o artista galego fundou en Madrid o grupo Los Coyotes, formación vangardista na escena do rock español dos anos 80.

Inicialmente adscrita a correntes como o 'rockabilly' e o 'punk', a formación derivou cara á integración de xéneros latinos como a cumbia ou o merengue nas súas composicións de rock.

O seu primeiro LP, 'Mujer y sentimiento' (1985) deulles un lugar na Movida madrileña. O grupo continuou con títulos como 'Las calientes noches del barrio' (1987), 'De color de rosa'' (1988), 'Puro semental' (1989) e 'Tocando sus éxitos' (1991).

Entre as cancións máis coñecidas figuraron 'Esta noche me voy a bailar' e 'Cien guitarras'.

O grupo terminou disolvéndose en 1991, pero Coyote continuou desenvolvendo unha carreira musical en solitario.

Nesa etapa apostou pola mestura de estilos e transitou por xéneros como o funk, a cumbia, a salsa, os ritmos brasileiros ou o punkabilly. En 1995, a súa canción 'Jaguarundi' foi elixida como tema musical da Volta Ciclista a España dese ano.

A esta época corresponden os seus álbums 'Lo bueno dentro' (1995), 'Lucha de migajas' (1999), 'Dos Años Luz y Cuarto'' (2011), ''De pueblo y de río'' (2014), 'Las Comarcales' (2020) e o recompilatorio 'El Propio' (2026), que presentou en Madrid o pasado 18 de xaneiro no marco do festival Inverfest.

En paralelo á música, desenvolveu unha extensa actividade como debuxante, ilustrador e deseñador. Colaborou entre 1984 e 1987 na revista Madriz e despois en publicacións colectivas como 'El ojo clínico’ (1996) ou ‘La historia del blues’ (2000), ademis de títulos propios como ‘Cruce de perras y otros relatos de los 80’ (2006), ‘Días de alarma’ (2020) e ‘Entresijos’ (2023).

En 2024 publicou 'El cóndor y la caníbal', novela gráfica coeditada por el Museo Nacional Thyssen-Bornemisza y Astiberri con motivo dunha exposición sobre memoria colonial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade