Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha nena por peritonite en Valencia despois de que a levaran tres veces a urxencias

Morre unha nena por peritonite en Valencia despois de que a levaran tres veces a urxencias

Faleceu despois dunha semana de dores abdominais e de vómitos en que acudiu ata tres veces ás urxencias de dous centros sanitarios diferentes

Á cativa enviárona á casa sen facerlle nin unha análise de sangue ou unha ecografía 

Os pais denunciarán a Consellería de Sanidade por neglixencia médica

G24.gal 10/02/2023 16:54

Os pais da menor falecida en Valencia por unha peritonite presentarán denuncia por neglixencia médica.

A pequena sufriu dores abdominais e vómitos durante unha semana. Levárona ata tres veces aos servizos de urxencias sen que detectaran nada grave.

A Consellería de Sanidade de Valencia abriu unha investigación para esclarecer a súa morte.

No concello valenciano onde residía a pequena falecida seguen de loito. Na súa casa, a familia busca respostas. 

Enma tiña doce anos. Faleceu despois dunha semana de dores abdominais e de vómitos en que acudiu ata tres veces ás urxencias de dous centros sanitarios diferentes. Faleceu no quirófano por unha peritonite purulenta que lle provocou unha parada respiratoria. Os seus pais presentarán denuncia por neglixencia médica. 

O Goberno valenciano lamentou a morte da menor e ordenou a apertura dunha investigación para esclarecer as circunstancias en que se produciu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade