Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller acoitelada polo tío do seu marido

Morre unha muller acoitelada polo tío do seu marido

O agresor convivía co matrimonio e suicidouse tirándose por unha ventá

G24.gal 10/08/2022 20:45 Última actualización 10/08/2022 20:53

A muller, de 33 anos, apareceu morta no quinto piso deste edificio da localidade valenciana de Alginet.

A policía descubriu o crime despois de que o presunto agresor, tío do marido da vítima, se tirase á rúa por unha das fiestras do domicilio, morrendo practicamente no acto.

Os axentes da Garda Civil que investigan o crime desbotan, en principio, que se trate dun caso de violencia de xénero porque a muller e o seu agresor non tiñan relación sentimental ningunha.

Segundo as primeiras investigacións, o agresor, de 64 anos, agardou a que o seu sobriño abandonase a vivenda para cometer o crime.

No momento dos feitos estaban na casa os dous fillos do matrimonio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade