Cargando resultados...
Morre unha moza en Guadalaxara no incendio dun bar
Oito persoas máis quedaron feridas a causa do lume
Os mozos celebraban unha festa no local, que estaba pechado ao público
G24.gal
01/11/2021 13:37
Noite de Halloween tráxica en Guadalaxara. Alí, na vila de Azuqueca de Henares, morreu unha moza de 15 anos e outras oito persoas quedaron feridas ao incendiarse un bar que estaba pechado ao público.
A familia dun dos mozos acudiu de madrugada á Garda Civil ao non saber nada do seu fillo. A ultima localización do seu móbil permitiulles aos axentes chegar ata o local onde atoparon aos mozos inconscientes e os sacaron rapidamente ao exterior.
Os dous primeiros gardas civís que entraron no local tiveron que ser tamén atendidos por intoxicación. Ademais da moza morta, outros tres rapaces están ingresados na UCI.