Morre o pintor vigués Xulio Maside aos 89 anos
Maside comezou no mundo da pintura da man do seu tio Carlos Maside, un dos grandes artistas galegos século XX
Traballou en diferentes campos: debuxo, gravado, colaxe e óleo

O mundo da arte despide ao vigués Xulio Maside, que morreu hoxe aos 89 anos na súa casa de Santiago.
Médico de profesión, Xulio Maside comezou no mundo da pintura da man do seu tio Carlos Maside, un dos grandes artistas galegos século XX.
Xulio Maside é recoñecido pola súa actividade cultural e artística. Traballou en diferentes campos: debuxo, grabado, collage e óleo, foi ilustrador, e a súa obra pictórica atópase en coleccións nacionais e internacionais.
Fundador da Asociación Cultural Galo, cofundador da Estampa Popular Galeta, tamén presidiu, durante 10 anos, a Asociación de Artistas Galegos.