Morre Luis Suárez, lenda do fútbol galego e único xogador español con Balón de Ouro
Faleceu en Milán aos 88 anos
O xenial centrocampista galego fixo carreira no Inter de Milán tras vestir a camiseta do Barça, e en 1960 recibiu o galardón ao mellor xogador
Entrevista a Luís Suárez, na celebración do seu 80 aniversario, na TVG
Aos 88 anos faleceu Luis Suárez Miramontes, o único xogador español que ten o Balón de Ouro. Nacido na Coruña (2-5-35) xogou no Deportivo, Barcelona, Inter de Milán e a Sampdoria.
Gañou o Balón de Ouro no 1960, o Balón de Prata en 1961 e 1964 e o Balón de Bronce en 1965. Foi un dos xogadores máis destacados da década dos sesenta, o único español que gañou o Balón de Ouro, ata Alexia Putellas, e partícipe da lenda do Grande Inter.
"Se non sabes que facer, pasa o balón a Suárez", adoitaban dicir no vestiario neroazzurro.
O 9 de setembro de 1988 sucedeu a Miguel Muñoz á fronte da selección española absoluta, co obxectivo de clasificala para o Mundial de Italia 90, en cuxa fase final o equipo chegou ata os oitavos.
A pesar de ter contrato coa Federación ata a tempada 1993-94, desde finais de 1990 aumentaron as críticas polos malos resultados, con derrotas fronte a Checoslovaquia e Francia en partidos para a Eurocopa de 1992, polo que foi destituído o 29 de abril de 1991. Dirixiu á selección en 26 encontros, deles 14 vitorias e 8 derrotas.
En 2001 foi laureado en España coa Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo. O futbolista, con todo, fixo de Milán a súa cidade, comprou alí unha casa para pasar o final dos seus días. A súa última esposa, Valentina, morreu hai tres anos, e ten un fillo froito dun matrimonio anterior, que vive en Madrid e é biólogo.
As mostras de condolencia polo pasamento de Luis Suárez chegan desde todos os recunchos do mundo, desde todos os estamentos do deporte, a política ou a cultura. O fútbol galego e os clubs polos que pasou amosaron en Twitter o seu recoñecemento á figura de Suárez como home e deportista.
#ASNOSASLENDAS | Falece o deportivista e coruñés Luis Suárez Miramontes, lenda do Deportivismo e único balón de ouro español.
— RC Deportivo (@RCDeportivo) July 9, 2023
💙 DEP, Luis 💙 Toda #anosaforza para familia e amigos, para todo o Deportivismo pic.twitter.com/WS2IEm5F05
Luisito Suárez, culé desde 1954 hasta 1961, fue pieza clave del Barça de la segunda mitad de los cincuenta. Logró el Balón de Oro en 1960 https://t.co/Fj1PaI9qqE
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) July 9, 2023
Loito no #RCCelta polo pasamento de Luis Suárez Miramontes, emblema do fútbol galego e único futbolista español en gañar o Balón de Ouro.
— RC Celta (@RCCelta) July 9, 2023
Descanse en paz, Luis 🖤 pic.twitter.com/zaO6YRutzc
Un talento único y un grande del Inter.
— Inter (@Inter_es) July 9, 2023
El número 10 del Grande Inter que llevó nuestros colores a la cima de Italia, Europa y el mundo.
"Si no sabes qué hacer, dale el balón a Suárez."
Ciao, Luisito#FCIM pic.twitter.com/gUd9grN0I1