Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Julio Sacristán, que foi alcalde de Culleredo e líder do PSdeG da Coruña

Morre Julio Sacristán, que foi alcalde de Culleredo e líder do PSdeG da Coruña

Fora diagnosticado de cancro en 2021 e estaba retirado da vida pública

"Un dos que sempre estivo, que traballou pola súa xente con humildade", di Gómez Besteiro

Tras coñecer o falecemento, González Formoso cualificou esta xornada como un día triste para o socialismo galego

Julio Sacristán o día en que anunciou a súa retirada Julio Sacristán o día en que anunciou a súa retirada
G24.gal 22/07/2025 11:31

O exalcalde de Culleredo Julio Sacristán, que tamén liderou o PSdeG provincial da Coruña, faleceu este martes, segundo informan persoas achegadas.

Julio Sacristán de Diego, nacido en Valladolid en 1953, foi alcalde de Culleredo (A Coruña) de maneira ininterrompida entre 1983 e 2017, cando deixou o cargo mediado o mandato por motivos persoais.

Tamén liderou o PSdeG da provincia da Coruña entre 2014 e 2017, tras o exministro Francisco Caamaño e antes do actual presidente da Deputación Valentín González Formoso.

Fora diagnosticado de cancro en 2021 e estaba retirado da vida pública.

Tras coñecer o falecemento, González Formoso cualificou esta xornada como un día triste para o socialismo galego.

"Vaise unha persoa comprometida cos valores socialistas, un traballador incansable, unha referencia do mundo municipal, unha boa persoa e un amigo", dixo.

Gómez Besteiro

 

Emotivas palabras tamén en X do actual secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Di que Sacristán foi "un dos que sempre estivo, que traballou pola súa xente con humildade, dignidade e lealdade aos valores que nos unen."


 

Según Besteiro, "deixa pegada, memoria e exemplo."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade