Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego

Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego

Actuou con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains

G24.gal 02/10/2024 18:44

A pandeireteira Josefa Juncal Barreiro, máis coñecida como Josefa de Bastavales, faleceu este mércores aos 92 anos, tal e como confirmou a súa familia en redes sociais.

Josefa foi unha das líderes do movemento musical e cultural Bravú, xurdido nos anos 90 e que "marcou un antes e un despois" no folclore galego.

A pandeireteira chegou a actuar con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains, de Irlanda, entre outros.

Participou tamén no Festival Internacional de Música en Francia e colaborou en diversos programas de televisión.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade