Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre aos 104 anos Pilar Rodríguez Prada, viúva de Valentín Paz Andrade

Morre aos 104 anos Pilar Rodríguez Prada, viúva de Valentín Paz Andrade

Tratou a todos os intelectuais galeguistas da posguerra 

Casaron en 1939 e estiveron xuntos ata a morte do escritor en 1987

G24.gal 12/09/2022 21:21

Pilar Rodríguez Prada, viúva do político e escritor Valentín Paz Andrade, morreu esta noite pasada aos 104 anos.

Nada en Cuba, criouse en Valdeorras. Coñeceu a Paz Andrade, desterrado en Trives na Guerra Civil. Casaron no 39 e estiveron xuntos ata a morte do escritor en 1987.

Grazas a ela e ao seu afán de conservación chegaron a nós moitos dos escritos dun dos grandes da literatura galega do século XX.

O ano pasado perdera o seu único fillo, o empresario Alfonso Paz Andrade, nun accidente de tráfico.

Pilar Rodríguez seguía residindo na casa familiar de Samil, en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos