Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre Adriano Marques de Magallanes, exdeputado e exconcelleiro vigués do PP

Morre Adriano Marques de Magallanes, exdeputado e exconcelleiro vigués do PP

Tiña 98 anos e tamén foi empresario e diplomático

Portugués de nacemento, dsenvolveu a súa actividade profesional e pública en Vigo

A súa muller, Rita Regojo, foi a fundadora de Aldeas Infantiles en Galicia

G24.gal 12/12/2023 12:59 Última actualización 12/12/2023 13:44

Faleceu en Vigo o empresario e diplomático Adriano Marques de Magallanes. Tiña 98 anos, e foi concelleiro, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado do Partido Popular.

Tamén desempeñou o cargo de cónsul de Ecuador en Galicia durante 50 anos e fundou empresas como a téxtil Partenón, que uniforma os corpos de seguridade.

Nacido na localidade portuguesa de Melgaço en 1925, estableceuse en Redondela ao casar con Rita Regojo, a fundadora da oenegué Aldeas Infantiles de Galicia, falecida no 2011.

Marques de Magallanes tiña cinco fillos e será velado no pazo familiar de Petán, en Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade