Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RFEF prescinde de Montse Tomé como seleccionadora

A RFEF prescinde de Montse Tomé como seleccionadora

Sonia Bermúdez será a nova adestradora da selección feminina de fútbol

G24.gal 11/08/2025 14:09 Última actualización 11/08/2025 14:21

Montse Tomé non seguirá á fronte da selección feminina de fútbol. A xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol, reunida este luns, decidiu non renovar o contrato da actual seleccionadora, que expira o vindeiro 31 de agosto.

A adestradora asturiana fíxose cargo do combinado nacional feminino en setembro de 2023, converténdose na primeira muller en ocupar este cargo, e nestes dous anos baixo o seu mando a selección española conquistou a UEFA Nations League, rematou en cuarta posición nos Xogos Olímpicos de París e chegou á final da Eurocopa, partido que perdeu nos penaltis fronte a Inglaterra.

A súa substituta será Sonia Bermúdez, ex-xogadora internacional que xa forma parte da RFEF traballando nas categorías inferiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade