Publicador de contidos

Publicador de contidos

Montoro asegura que non hai probas contra el e vincula a súa imputación aos escándalos actuais do Goberno

Montoro asegura que non hai probas contra el e vincula a súa imputación aos escándalos actuais do Goberno

Imaxe de arquivo. EFE/ Fernando Alvarado Imaxe de arquivo. EFE/ Fernando Alvarado
G24.gal 17/07/2025 19:52

O exministro de Facenda Cristóbal Montoro criticou este xoves o auto xudicial que o imputa, ao considerar que se produce "sen ningún elemento probatorio" e que coincide co "actual contexto de verdadeiros escándalos do Goberno de España".

Nun comunicado remitido a EFE, Montoro reaccionou á súa inclusión como investigado pola suposta creación dunha "rede de influencias" para favorecer, mediante modificacións lexislativas, empresas fabricantes de gases a cambio de "importantes pagos" á sociedade Equipo Económico (EE), da que foi socio fundador e presidente.

Montoro asegurou que non mantén "ningunha relación" con esa sociedade desde 2008.

O Partido Popular comunicou este xoves a decisión de Montoro de renunciar á súa condición de afiliado

O PP anunciou que o exministro Montoro deixou o PP tras a súa imputación. O Partido Popular comunicou na mañá deste xoves a súa decisión de deixar a súa condición de afiliado do PP.

O PP sinalou ademais que o Comité de Dereitos e Garantías do partido decidira na noite deste mércores a apertura dun procedemento de información relacionado con este caso. Segundo engadiu, ese procedemento queda agora en suspenso.

A baixa do exministro prodúcese un día despois de que un xuíz de Tarragona imputara o exministro de Facenda por presuntamente aproveitarse do seu cargo para aprobar diversas leis que beneficiaban empresas de gases industriais clientes dun despacho de avogados, Equipo Económico (EE), que fundara o ministro antes de entrar no Goberno, segundo consta nun auto.

Na trama están involucradas 28 persoas e seis persoas xurídicas pola presunta comisión de sete delitos: suborno, fraude contra a administración pública, prevaricación, tráfico de influencias, negociacións prohibidas, corrupción nos negocios e falsidade documental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade